Corrupción sistémica

A Nave das Ideas organiza unha nova actividade cargada de actualidade: a corrupción. O Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, falará na Casa Galega da Cultura dende ás 18,45 sobre a corrupción sistémica que infecta a distintos niveis da administración pública.

Con el trae unha proposta concreta para combatela.  Achegádevos, escoitade e preguntade, pois tamén haberá ocasión para un coloquio.

Lembrade, mércores día 6 de febreiro, ás 18,45 na Casa Galega da Cultura. Agardámosvos!

Esta entrada foi publicada en A Nave das Ideas e etiquetada , , , . Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Corrupción sistémica

  1. Breogan di:

    Ola! gustarianos ver a posibilidade de que organizasedes algunha xuntanza-actividade no noso café. estamos na Rúa Girona 16 o lado Travesas. saudos

Os comentarios están pechados.