Antón Baamonde opina sobre os medios de comunicación galegos

Como unha parte máis do debate que terá lugar o vindeiro 25 de marzo en Vigo, a Nave das Ideas estalle a preguntar a distintas persoas a súa opinión sobre a ausencia de medios de comunicación galegos comprometidos e potentes así como sobre o papel dos novos xeitos de comunicación e información como son as redes sociais e os blogues. Velaquí as opinións do profesor e colaborador en prensa Antón Baamode:

1. Precisa Galiza dun novo medio de comunicación? En caso de que si, cales serían os seus trazos?

Non  é  seguro  que  haxa  marxe  no  mercado. Pero  do  punto  de  vista  da  liña  editorial:  si. El País  ed. Galicia  e  Xornal  non  cubren  todo  o  espazo  progresista  e  galeguista.

2. Podemos aspirar a un xornal de subscricións ou sempre seremos dependentens de subvencións e publicidade?

Das  vendas,  da  publicidade,  das  subvencións:  xa  está  inventado  de  qué  vive  o  xornalismo  -a  grande  dúbida  é  o  modelo  de  negocio  na  rede-. Sobre  as  suscricións:  dada  a  miña  experiencia  son  moitos  máis  os  que  afirman  a  necesidade  dun  medio  que  os  que  están  dispostos  a  sostelo.Non descubro  nada  se  afirmo  que  en  Galicia  os  límites  son  evidentes  e  que  abunda  a  hipocresía.

3. Precisamos dun xornalismo de investigación ou baste cun xornalismo que informe de xeito xeral?

Claro  que  é  necesario  o  xornalismo  de  investigación. Pero  é  caro.E  non  é  fácil  atopar  xornalistas  que  saiban  cousas  e  escriban  ben. Para  mostra os  periódicos  que  hai.

4. É posíbel a pluralidade dentro dun proxecto editorial? Cómpre que un medio teña unha liña ideolóxica marcada?

Dentro  dunha  orde. Un  xornal  representa  tendencias  sociais  de  fondo  e,  por  tanto,  aí  ten  as  súas  posibilidades  e  as  súas  fronteiras.

5. As redes sociais e blogues: son fontes de información ou dividen aínda máis os esforzos para acadar un novo medio?

Son  fontes  de  información,  claro. Pero  para  sectores  relativamente  reducidos  -aínda  que  cada  vez  máis  amplos-. Teñen  o  defecto  de  que  poden  crear  o  efecto  -falso-  de   que  son  máis  eficaces  e  influíntes  do que  son.

6. Pensas que o asunto Wikileaks mudará moito o xeito de informar sobre os gobernos ou será só un caso máis, semellante a outras filtracións do pasado? Influirá tamén no que a sociedade demande dos xornalistas?

Non  sei.

7. Cres que é necesario un xornalismo moi pegado á realidade ou sería máis convinte outro tipo de xornalismo máis reflexivo e cun prazo de reacción ante os acontecementos máis sosegado?

Bo  xornalismo:  que  contextualice e  suliñe  a  actualidade. Tamén  que  ofreza  interpretacións  de  fondo  e contribúa  a  crear  axenda.
 
8. Nunha sociedade que potencia a figura do consumidor-produtor de información cal é a función, se é que teñen algunha que cumprir, dos xonalistas?

Bos  xornalistas:  bos  escritores  e  con  ideas  na  cabeza  para  alimentar  o  feed-back  social. Non  falabaratos  na  clandestinidade  enchendo  o  seu  pequeno  ego.

 

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar e etiquetada , , , , . Garda a ligazón permanente.