Os medios galegos a debate. Hai alguén aí?

O colectivo a Nave das Ideas organizará, o vindeiro 25 de marzo, un debate arredor dun tema de verdadeira actualidade: os medios de comunicación galegos.

Por que unha parte importante da poboación galega non dispón de medios de comunicación cos que se sinta identificada? Cal é a responsabilidade de cada un de nós para que isto mude? Por que a lingua galega está case que ausente dos medios de comunicación? Que función cumpren os medios de comunicación nas sociedades contemporáneas? Son as redes sociais e os blogs os novos medios de comunicación populares ou apenas o reflexo dunha sociedade individualista?…

Todo isto e moito máis será abordado na Casa da Cultura de Vigo polos xornalistas convidados pola Nave: Marcos Pérez Pena, Comba Campoy e Carlos Barros.

Máis detalles nos próximos días!

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar e etiquetada . Garda a ligazón permanente.